top of page

O libro de Italo Calvino "As cidades (in)visibles" da nome a este proxecto de colaboración etwinning entre España, República Checa, Italia e Noruega.

O proxecto desenvólvese en dúas fases: Matemáticas para viaxar ás cidades (in)visibles (2013) e eTwinautas nas cidades (in)visibles (2013-2014).

 

As cidades (in)visibles preséntanse como unha serie de relatos de viaxe que Marco Polo fai a Kublai Khan, o emperador dos tártaros.

Para Italo Calvino, un libro é un espazo onde o lector ten que entrar, dar voltas, quizáis perderse, pero atopando en certo intre unha saída, ou tal vez varias saídas, a posiblidade de dar con un camiño para saír*.

Nós non pretendimos escribir un libro senón realizar un proxecto no que todos, profesorado e alumnado íamos entrar, dar voltas, quizáis perdernos, buscar saídas, algún ou varios camiños por onde saír.

 

O resultado é unha viaxe ao descobremento das cousas maravillosas, a parte visible e invisible dunha serie de cidades que no seu conxunto son patrimonio da UNESCO ou teñen algún monumento citado por este organismo. Iniciamos a aventura descobrindo os secredos de Brno, Praga, Telč, Z'dar nad Sázavou, Lednice, Český Krumlov, Madrid, Barcelona, Santiago de Compostela, Valencia, Toledo, Granada e a nosa viaxe continuou coñecendo un lugar emblemático do troco de mercadurías como é o porto de Bergen, as memorias do paternalismo industrial en Crespi D'adda, do Imperio romano en Segovia, os desexos de transformar un pobo obreiro en Manhattan, as pegadas da linguaxe musical en Litomyšl e os signos da linguaxe das Matemáticas, Física, Química e a expresión artística e literaria en todas elas.

 

“Marco Polo describe unha ponte, pedra por pedra.
—¿Pero cal é a pedra que sostén a ponte? — pregunta Kublai Khan.
—A ponte non está sostida por esta pedra ou por aquela — resposta Marco—, senón pola liňa do arco que elas forman.
Kublai queda silencioso, reflexionando. Despois engade:
—¿Por qué me falas das pedras? É só o arco o que me importa.
Polo resposta:
—Sen pedras non hai arco.

(Italo Calvino, As cidades invisibles)

 

*Conferencia en  inglés dada por Italo Calvino aos estudantes da Graduate Writing Division de Columbia University o 29 de marzo de 1983.

bottom of page